José Cornide

Nado na Coruña en 1734, José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista, membro destacado do movemento ilustrado. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da “Sociedade Económica de Santiago”, fundador da “Academia de Agricultura del Reino de Galicia” e secretario da “Real Academia da Historia”. Realizou numerosos estudos sobre historia, xeografía […]

Carlos Martínez Barbeito

Nado na Coruña en 1913 foi un escritor en lingua castelá. Neto do historiador Andrés Martínez Salazar e fillo da pedagoga e escritora María Barbeito. Novelista, foi  finalista no Premio Nadal en dúas ocasións con El bosque de Ancines e Las pasiones artificiales, mais a súa maior produción é en obra ensaística, sobre historia, xeografía […]

Aurelio Aguirre

O 23 de abril de 1833  nace en Santiago de Compostela o poeta Aurelio Aguirre. Home comprometido co país e coas clases desfavorecidas, participou como miliciano no levantamento de 1854 e foi un dos asistentes ao Banquete de Conxo. Mantivo amizade con Eduardo Pondal, Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Colaborou na “Revista Galaica” e […]

Ramón Menéndez Pidal

Naceu na Coruña -ao lado da Colexiata de Santa María do Campo, onde foi bautizado- en 1869. Filólogo -creador da escola filolóxica española- , medievalista, historiador e folclorista. Membro erudito da Xeración do 98. Catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Madrid desde 1899 ata a xubilación, en 1939. Foi director da Real Academia Española […]

Lesta Meis

En marzo de 1887 nace en Eirís de Arriba no Concello de Oza, hoxe Concello da Coruña, Xosé Francisco Lesta Meis, escritor e xornalista. Emigra a Cuba onde de xeito autodidacta mellora a súa formación e dedícase ao xornalismo. Mantén en “Eco de Galicia” a sección “De mi Tierra” entre 1925 e 1930 e colabora no […]

Padre Sarmiento

En 1695 nace no Bierzo Pedro Xosé García Balboa coñecido como Frei Martín Sarmiento. Destacou pola súa constante defensa da lingua, a el debemos a primeira noticia documentada da literatura galega medieval e as primeiras pesquisas sobre o nacemento do galego. Sarmiento foi unha das primeiras voces en reivindicar a capacidade do galego para expresarse […]

Antón Vilar Ponte

Entregado á actividade xornalística e á literatura, a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de Amigos del Idioma Gallego, que se converteu na primeira das Irmandade da Fala. Dirixiu o voceiro das Irmandades da Fala, A Nosa Terra e presidiu a Asociación da Prensa Coruñesa. En 1919 colaborou […]

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Novelista, debuxante, caricaturista, pintor, dramaturgo, ensaísta, teórico da arte e político. En marzo de 1920 imparte na Coruña, no Circo de Artesáns a conferencia Humorismo, debuxo humorístico, caricatura, na que, a modo de exemplo, le: Un ollo de vidro, Memorias dun esquelete relato que será publicado en 1922, como libro. En marzo dese 1920 inaugúrase […]

Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez integra, con Rosalía e Pondal, a grande tríada dos clásicos do XIX. A Coruña, cidade  moi querida polo poeta na que se resolverá  a denuncia presentada polo bispo de Ourense contra a súa obra Aires d’a miña terra, no xulgado de Ourense que o condenara  a máis de dous anos de cadea […]

Fernández Latorre

Nado na Coruña en 1848, foi editor e político, fundador do xornal La Voz de Galicia. Con Andrés Martínez Salazar crea a editorial Biblioteca Gallega en 1885 e con ela nace un concepto moderno de edición. A Biblioteca Gallega presenta obras en galego e tamén en castelán, pero a colección enteira está ao servizo da […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies