Naceu na Coruña -ao lado da Colexiata de Santa María do Campo, onde foi bautizado- en 1869. Filólogo -creador da escola filolóxica española- , medievalista, historiador e folclorista. Membro erudito da Xeración do 98. Catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Madrid desde 1899 ata a xubilación, en 1939. Foi director da Real Academia Española en distintos períodos. En 1903 publica Manual elemental de gramática histórica española, unha das súas obras máis reeditadas. Preocupado polo éuscaro, foi un estudoso deste idioma, sendo académico da Real Academia da Lingua Vasca.