Sofía Casanova

Naceu en Almeiras (Culleredo) en 1961 e faleceu en Poznań (Polonia) en 1958. Foi periodista, poeta e novelista, a  primeira española correspondente nun país estranxeiro e correspondente de guerra. O feito de andar por toda Europa permítelle vivir acontecementos como a Primeira e Segunda Guerra Mundial, a loita das sufraxistas en Inglaterra ou formación del […]

Torrente Ballester

Naceu en Serantes (Ferrol) en 1910 e faleceu en Salamanca en 1999. Profesor e recoñecido escritor, foi galardoado co Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa. Estudou o Bacharelato na Coruña -como alumno libre- e Dereito en Oviedo, así como Historia en Compostela. Séntese influído pola narrativa […]

Sebastián Martínez Risco

Maxistrado. A súa produción literaria componse de obras de poesía, teatro, romance e ensaio, sendo este último o xénero maioritario dentro da súa creación. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folclórica Aturuxo, e dirixiu a Coral polifónica El Eco. Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu entre 1960 e 1977. Durante a […]

Álvaro Cebreiro

Nado na Coruña en 1903, debuxante, ilustrador e caricaturista. No ano 1922 asina xunto ao poeta Manoel Antonio o manifesto ¡Máis alá! Neste texto poeta e debuxante únense na busca de novos camiños afirmando o seu compromiso coa lingua galega e coa vangarda artística e cultural da época. Artista precoz, xa en 1919 comeza a colaborar, […]

Andrés Martínez Salazar

Historiador, investigador e editor fundamental do noso Rexurdimento. Director do Arquivo Histórico de Galiza na Coruña desde 1872. En 1884 adquire unha libraría na rúa Rego de Auga, na que habilita unha sala de lectura á que acoden numerosos literatos. Ao ano seguinte comeza o seu labor editorial, a Biblioteca Gallega, que inicia as súas […]

Domingo García Sabell

Médico, escritor, político, académico e presidente da Real Academia Galega entre 1977 e 1997. Autor de máis dun centenar de traballos e artigos relacionados coa medicina e a literatura. Interesouse pola antropoloxía cultural, especialmente en temas como a saudade, o erotismo e a morte. Ademais, traduciu para o galego a Martin Heidegger e a James […]

Poeta Trillo Figueroa

Foi un poeta culteranista -seguidor de Góngora- e historiador que descendía dunha familia de fidalgos dedicada á administración e ao exercicio das armas. Francisco de Trillo e Figueroa naceu en 1618, no Castelo de San Martiño de Padilla, en Ares (A Coruña), e faleceu en Granada en 1680. Tras o traslado da súa familia a […]

Uxío Carré Aldao

Uxío Carré Aldao nado na Coruña en 1859, foi escritor, editor e libreiro. Na súa libraría constituirase a chamada Cova Céltica, faladoiro ao que acudían, entre outros, Murguía, Pondal, Martínez Salazar, Pérez Ballesteros, Tettamancy, Galo Salinas, Martelo Paumán, Florencio Vaamonde Lugrís Freire e Eladio Rodríguez. Editou algúns tomos da Historia de Galicia de Murguía e […]

Vaamonde Lores

Historiador e autor dunha extensa obra.  Exerceu como arquiveiro e bibliotecario da Real Academia Galega e cronista oficial da cidade da Coruña. O seu traballo centrouse na investigación histórica, deixando como proba numerosísimos artigos publicados no Boletín da Real Academia Galega.. En 1933 é nomeado cronista oficial da Coruña. Foi membro de diversas sociedades e […]

Ramón María del Valle-Inclán

Ramón María del Valle-Inclán foi un dramaturgo, poeta, novelista e ensaísta en lingua castelá agás o poema Cantiga de vellas que foi publicado na Coruña en 1910. É considerado un dos autores máis importantes da literatura en español do século XX, e encádrase na chamada Xeración do 98. Entre 1902 e 1905, publicou as Sonatas, […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies