Nado na Coruña en 1913 foi un escritor en lingua castelá. Neto do historiador Andrés Martínez Salazar e fillo da pedagoga e escritora María Barbeito.
Novelista, foi finalista no Premio Nadal en dúas ocasións con El bosque de Ancines e Las pasiones artificiales, mais a súa maior produción é en obra ensaística, sobre historia, xeografía e arte relacionada coa Coruña en particular ou Galiza en xeral.
Traballou como crítico literario de Radio Nacional de España en Barcelona e foi secretario xeral da Metro-Goldwyn-Mayer en España. Foi director do Museo de América.