Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, nado na Coruña en marzo 1852 foi mestre, escritor e xornalista. Emigrou moi novo a Uruguai e ao seu regreso traballa como mestre en Pontedeume.
Fundou e dirixiu na Coruña a Revista Gallega, autoproclamado Órgano oficial da Liga Gallega. Formou parte da Cova Céltica, grupo de intelectuais galeguistas.
En 1903 pasou a dirixir a Escola Rexional de Declamación, a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática foi ¡Filla…! (1892) do propio Galo Salinas.
Foi o primeiro arquiveiro/bibliotecario da Real Academia Galega.
Prolífero escritor dramático, a el débese o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, Memoria Acerca de la Dramática Gallega.