Aurelio Aguirre

Aurelio AguirreO 23 de abril de 1833  nace en Santiago de Compostela o poeta Aurelio Aguirre. Home comprometido co país e coas clases desfavorecidas, participou como miliciano no levantamento de 1854 e foi un dos asistentes ao Banquete de Conxo. Mantivo amizade con Eduardo Pondal, Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Colaborou na “Revista Galaica” e gozou dunha enorme popularidade. Morre aos 25 anos de idade afogado na praia de San Amaro da Coruña.
A súa obra poética editarase postumamente co título Ensayos poéticos. Tamén escribiu un drama e a narración: Risas y lágrimas.


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies