Luís de Camões
Luís Vaz de Camões (1524-1580) é considerado como o maior poeta de lingua portuguesa. A súa obra máis significativa é Os Lusíadas, considerada a principal epopea da época moderna. Esta obra narra a historia de Vasco da Gama e dos heroes portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova […]
Paio Gómez
Paio Gómez Chariño, poeta e nobre galego. Nado cara a 1225, non se sabe con seguridade se en Pontevedra ou en Rianxo, morre asasinado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295. Foi o primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia e destacado aristócrata e militar. A súa obra poética dá conta da […]
Luz Pozo Garza
En 1922 nace en Ribadeo a escritora, crítica literaria e profesora Luz Pozo Garza. Pertencente á chamada Promoción de Enlace, é unha das poetas máis destacadas da segunda metade do século XX. O seu poemario Códice Calixtino (1986) é unha das súas obras máis recoñecidas. Tras estudar literatura na Universidade de Oviedo tivo unha longa vida docente […]
María Luisa Durán Marquina
María Luisa Durán Marquina foi actriz do elenco da Irmandade da Fala coruñesa. Fundou e dirixiu algúns grupos teatrais de afeccionados de onde sairían actores que posteriormente alcanzarían grande sona nos escenarios. Durante 22 anos foi Catedrática de Declamación do Conservatorio Profesional de música e Declamación da Coruña, exercendo, tamén de Secretaria. Cunha grande vocación […]
Alejandro Barreiro Noya
Alejandro Barreiro Noya, nado en Compostela e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. Foi dos fundadores da Asociación […]
Alfredo Vicenti
Médico de formación, aínda que nunca exerceu, foi poeta, xornalista e político. Redactor xefe de El Diario de Santiago e máis tarde director deste xornal, que logo pasou a chamarse Gaceta de Galicia. Anticlerical, republicano e federalista, foi candidato republicano-agrario e deputado en Cortes en varias lexislaturas. En 1880 foi excomungado polo cardeal compostelá e […]
Álvaro Cunqueiro
Creador dun universo fantástico de seu e un estilo único e inconfundíbel, escribiu narrativa, poesía e teatro. É un dos grandes escritores do século XX. Foi tamén un xornalista prolífico, con innumerábeis artigos, reportaxes, guións radiofónicos nos que mestura o ensaio, a crónica de viaxes e a crítica literaria. Cultivou ademais, a literatura gastronómica. O […]
Antón Vilar Ponte
Entregado á actividade xornalística e á literatura, a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de Amigos del Idioma Gallego, que se converteu na primeira das Irmandade da Fala. Dirixiu o voceiro das Irmandades da Fala, A Nosa Terra e presidiu a Asociación da Prensa Coruñesa. En 1919 colaborou […]
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Novelista, debuxante, caricaturista, pintor, dramaturgo, ensaísta, teórico da arte e político. En marzo de 1920 imparte na Coruña, no Circo de Artesáns a conferencia Humorismo, debuxo humorístico, caricatura, na que, a modo de exemplo, le: Un ollo de vidro, Memorias dun esquelete relato que será publicado en 1922, como libro. En marzo dese 1920 inaugúrase […]
Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez integra, con Rosalía e Pondal, a grande tríada dos clásicos do XIX. A Coruña, cidade moi querida polo poeta na que se resolverá a denuncia presentada polo bispo de Ourense contra a súa obra Aires d’a miña terra, no xulgado de Ourense que o condenara a máis de dous anos de cadea […]