Desde o ano 2004, a UNESCO outorga un recoñecemento ás cidades que teñen no mundo do libro e a edición un dos seus principais brillos. Só dúas no Estado Español: Granada e Barcelona. Desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda imos comezar un traballo que irá sumando xentes e vontades para poñer un foco sobre todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e a lectura. Imos contar unha historia de pioneiras, na edición do libro galego, no teatro en galego, na historia de Galicia que foi escribindo Murguía, na letra do himno que pensou Pondal. E poñer unha luz sobre o feito no pasado, no presente e no que está por vir porque queremos ser unha das Cidades da literatura do mundo
O mapa literario da Coruña
O mapa literario da Coruña permíteche situar xeograficamente ás nosas escritoras e escritores, as nosas bibliotecas, os espazos relacionados coa literatura e coas nosas autoras. Unha excelente maneira de visualizar, de forma gráfica, o papel que a literatura xoga na Coruña.