Escritor, xornalista e político. Foi un poeta romántico e escribiu varios poemas en lingua galega. O seu poema Á Alborada (1828) considérase unha das primeiras mostras do Rexurdimento. Nicomedes Pastor Díaz ía ser o prologuista de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, mais faleceu antes de o facer.
Como político, Pastor Díaz chegou a ser Ministro de Estado no goberno de O’Donnell.