Manuel Curros Enríquez integra, con Rosalía e Pondal, a grande tríada dos clásicos do XIX.
A Coruña, cidade moi querida polo poeta na que se resolverá a denuncia presentada polo bispo de Ourense contra a súa obra Aires d’a miña terra, no xulgado de Ourense que o condenara a máis de dous anos de cadea e o pago dunha multa. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña grazas á defensa do seu avogado, Luciano Puga Blanco.
Nesta cidade foi tamén coroado como poeta o 21 de outubro de 1904.
Morre en Cuba en 1908 e os seus restos son traídos á Coruña, onde unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da cidade para acompañaren o cortexo fúnebre.
En 1934 inaugúrase o monumento de Francisco Asorey.
Ver mapa máis grande