Nado na Coruña en 1848, foi editor e político, fundador do xornal La Voz de Galicia.
Con Andrés Martínez Salazar crea a editorial Biblioteca Gallega en 1885 e con ela nace un concepto moderno de edición. A Biblioteca Gallega presenta obras en galego e tamén en castelán, pero a colección enteira está ao servizo da cultura galega.
Os primeiros títulos desta editorial imprímense nos talleres de La Voz de Galicia. Los Precursores de Murguía foi o primeiro volume, en 1885 e ao ano seguinte (1886) saíu Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez.
Foi deputado a Cortes e tamén subsecretario de Gobernación en 1905 e en 1910.