Novelista, debuxante, caricaturista, pintor, dramaturgo, ensaísta, teórico da arte e político.
En marzo de 1920 imparte na Coruña, no Circo de Artesáns a conferencia Humorismo, debuxo humorístico, caricatura, na que, a modo de exemplo, le: Un ollo de vidro, Memorias dun esquelete relato que será publicado en 1922, como libro.
En marzo dese 1920 inaugúrase no mesmo lugar a mostra Nós, con 49 debuxos e un autorretrato, sendo a primeira exposición do que hoxe chamamos Álbum Nós, publicada como libro en 1931.
A súa obra principal é o ensaio político Sempre en Galiza.
Ver mapa máis grande