Uxío Carré Aldao

Uxio Carré AldaoUxío Carré Aldao nado na Coruña en 1859, foi escritor, editor e libreiro. Na súa libraría constituirase a chamada Cova Céltica, faladoiro ao que acudían, entre outros, Murguía, Pondal, Martínez Salazar, Pérez Ballesteros, Tettamancy, Galo Salinas, Martelo Paumán, Florencio Vaamonde Lugrís Freire e Eladio Rodríguez. Editou algúns tomos da Historia de Galicia de Murguía e máis de vinte títulos fundamentais na cultura galega. Foi un dos fundadores e director do xornal A Nosa Terra. Carré Aldao publicará numerosos traballos, sobre todo de historia e crítica literaria. Como narrador cultivou o relato curto. Foi membro das Irmandades da Fala e membro fundador da Real Academia Galega.


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies