Naceu na Coruña en 1886 e faleceu en Locarno (Suíza) en 1978. Diplomático -embaixador en Estados Unidos e Francia- e escritor, foi ministro en 1934 de Instrución Pública e Belas Artes e de Xustiza na Segunda República. Liberal e europeísta, exiliouse logo do inicio da guerra de 1936 no Reino Unido e non volveu ata a morte de Franco. Membro da Real Academia Española, Salvador de Madariaga publicou numerosos ensaios sobre a historia de España, así como o seu papel no mundo. Igualmente, publicou numerosas novelas en lingua castelá, ao igual ca crítica literaria, biografía e poesía. En 1991, as súas cinzas foron botadas ao mar na baía da Coruña.
Ver mapa máis grande