Logo Coruña Literaria

Revista Alfar

Revista AlfarEn 1923 nace na Coruña a revista Alfar, unha das principais revistas literarias vangardistas, onde podías achegarte ás vangardas literarias e plásticas do momento.

Continuadora da Revista de Casa América-Galicia, comezou no número 32, en setembro de 1923 da man do cónsul de Uruguai na Coruña Julio José Casal, poeta e crítico, como ponte de unión entre a arte galega, a española e a hispanoamericana. A ela debémoslle a introdución no Estado Español de movementos de vangarda como o surrealismo. Entre os seus colaboradores estiveron as figuras principais do ultraísmo e o creacionismo. En Alfar podías ler a Antón Vilar Ponte e a Borges, a Castelao, a Machado ou a Onetti. Podías gozar coa arte de Cebreiro ou de Dalí.

 


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies