No salón do Circo de Artesáns da Coruña (Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns) nace de xeito oficial o 30 de setembro 1906 a Real Academia Galega, que xa fora constituída o 4 de setembro de 1905. Aquí estaba o galeguismo agrupado arredor de Manuel Murguía e comunidade de emigrantes galegos en Cuba onde naceu, en 1905, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, con figuras tan senlleiras como Xosé Fontenla ou Curros Enríquez. Baixo a presidencia de Manuel Murguía, dá comezo unha intensa actividade que chega até hoxe, na sede actual da rúa Tabernas.
O Artigo I do Capítulo I dos Estatutos da RAG di: “A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.”