Escritor e mecenas, nado en Cedeira, morreu na Coruña en 1878. Moi novo emigrou a Porto Rico onde fixo fortuna dedicado probablemente ao tráfico de escravos.
Foi o organizador dos primeiros xogos florais de Galiza, o 2 de xullo de 1861 na Coruña, e encargou a Antonio de la Iglesia a elaboración do Álbum de la Caridad, que recolleu os traballos deses xogos así como outros doutros autores galegos do momento. No interior do Teatro Rosalía existe unha placa de homenaxe a López Cortón que lembra os 1º xogos florais.
López Cortón foi un dos primeiros promotores da Institución Libre de Enseñanza en Galiza e foi avó do pedagogo Xoán Vicente Viqueira.