Logo Coruña Literaria

Johán Vicente Viqueira

Xoán Vicente ViqueiraFilósofo, psicólogo e pedagogo, Xoán Vicente Viqueira pertenceu ás Irmandades da Fala, defendeu a galeguización do ensino, a incorporación plena da muller e todo un programa de reformas do sistema educativo. Colabora no xornal A Nosa Terra publicando artigos sobre teoría nacionalista, educación, a necesaria normalización da lingua e a reforma ortográfica, defendendo a aproximación da ortografía galega á portuguesa.

No vestíbulo do Instituto Eusebio Da Guarda unha placa homenaxea a Vicente Viqueira: «Á memoria de/ Johán Vicente Viqueira/ (1886-1924)/ presidente das Irmandades da Fala,/ catedrático de Filosofía deste centro./… »

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies