IES Ramón Menéndez Pidal

IES Ramón Menéndez PidalTamén coñecido como Instituto de Zalaeta, o IES Ramón Menéndez Pidal estableceuse nun lugar histórico que no seu día ocupou o Hospital de Caridade. A xesta máis significativa do Hospital foi a súa participación na Expedición Balmis que saíu do porto da Coruña o 3 de novembro de 1803 como portadora da vacina da varíola a América. Foi a primeira expedición sanitaria de carácter internacional que deu a volta ao mundo. O IES Ramón Menéndez Pidal comezou as súa actividade académica o 6 de novembro de 1972.

Ramón Menéndez Pidal, nado na Coruña en 1869, foi un lingüista, crítico literario, folclorista e historiador español.


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies