Nace na Coruña, no número 1 da rúa do Príncipe en 1869. Para a casa do lado viría a vivir dous anos despois Rosalía de Castro, pola que ela sempre tivo grande admiración. Nace Francisca Herrera no seo dunha familia da alta burguesía coruñesa, educada nos principios tradicionais e nunha viva fe relixiosa. Recibiu unha esmerada educación, acorde coa súa clase.
Escribe poesía, novelas, ensaio e colabora en diferentes publicacións periódicas. Dá ao prelo tres libros de poesías que seguen unha liña romántico-idealista, tres novelas en galego, de temática rural e de corte sentimental e tres novelas en castelán, mais de asunto galego. A novela Néveda, de 1920, é a primeira escrita na nosa lingua de autoría feminina.
Francisca Herrera é a primeira muller escollida como membro numerario da Real Academia Galega. Proposta en 1945, morre en 1950 sen que a RAG fixara data para o seu ingreso.
Ten unha placa na casa onde naceu, ao lado da de Rosalía de Castro.