Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido, escritora e tradutora nace na Coruña en 1846. Colabora en El Correo de Madrid e na revista Galicia que dirixe Martínez Salazar. Nos seus artigos fala da problemática e das necesidades sociais e culturais da época. Da situación agrícola, as carencias de comunicación e a situación dos menores.
Sábese que compuxo poemas en galego aos que puxo música o afamado compositor, o seu home, Marcial del Adalid. Autora de tres novelas: Escaramuzas, 1985, de carácter autobiográfico, La madre de Paco Pardo, 1989, e Batallas, que permanece inédita.