Naceu no barrio de San Roque de Fóra. Militou na Izquierda Republicana nos tempos da II República e foi deputado pola Coruña en tres ocasións. A derrota republicana supuxo o final da súa carreira académica e tivo que reiniciar a súa carreira no exilio. Mantivo abertas nas universidades americanas liñas de investigación histórica e literaria, daquela imposibles en Galiza. Nos Estados Unidos González López será profesor da universidade de Nova York e as súas investigacións quedarán plasmadas nunha extensa obra escrita, entre as que destacan os seus estudos sobre a historia de Galiza. Estivo á fronte da Casa de Galiza neoiorquina.