O Arquivo do Reino de Galiza é na actualidade un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galiza, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.
O seu inicio formal data da Real Cédula de Carlos III emitida o 22 de outubro de 1775, cando se crea o Arquivo. A súa sede orixinal era o Palacio da Real Audiencia, un edificio que actualmente alberga a Capitanía Xeneral.
En 1956 o Arquivo foi trasladado á súa actual localización, xunto ao Xardín de San Carlos, nun edificio proxectado por Antonio Tenreiro e inaugurado en 1955.
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galiza, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX recibirá tamén documentación doutras institucións galegas.
Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais.
Manuel Murguía exerceu director do arquivo de 1870 a 1875.