Logo Coruña Literaria

Xosé Pérez Ballesteros

Placa a Xosé Pérez BallesterosXosé Pérez Ballesteros (1833-1918), finado na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un dos intelectuais máis destacados dentro do que se vén denominando na literatura como Precursores. Ensaísta, articulista, folclorista e poeta, Pérez Ballesteros foi un dos asistentes aos faladoiros da Cova Céltica. A asociación El Folklore Gallego, coa que colaboraba, publicou o seu Cancioneiro popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña, unha obra en tres tomos que o converteu nun folclorista moi recoñecido. Co seu Cancionero popular vai contribuír á recuperación, conservación e estudo da literatura oral trasladando ao mundo da escritura cantigas populares.

No vestíbulo do Instituto Eusebio da Guarda unha placa lembra o seu nome. A placa di así: «A/ Xosé Pérez Ballesteros/ dos fundadores da Real Academia Galega,/ investigador do cancioneiro popular,/ primeiro director deste centro…»


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies