Xabier P. Docampo

Placa a Xabier DocampoDicía Xabier P.  Docampo: “A lectura é un traxe que lle senta ben á alma e faina máis fermosa”.
Nado en Rábade, sendo adolescente veu vivir coa súa familia á Coruña. Xabier P. DoCampo foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega, tamén un dos máis traducidos. Xeracións e xeracións de nenas e nenos leron e seguen lendo as páxinas d’O misterio das badaladas (1986) ou Cando petan na porta pola noite (1994). Por esta última obtivo en 1995 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Mestre, experto en bibliotecas escolares, estivo sempre moi comprometido coa defensa da lingua coa narración oral e o libro galego. Participou na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) da que foi presidente.
Na casa na que viviu, no número 1 da praza José González Dopeso, a AELG colocou unha placa de lembranza e homenaxe.


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies