Historiador e autor dunha extensa obra. Exerceu como arquiveiro e bibliotecario da Real Academia Galega e cronista oficial da cidade da Coruña. O seu traballo centrouse na investigación histórica, deixando como proba numerosísimos artigos publicados no Boletín da Real Academia Galega.. En 1933 é nomeado cronista oficial da Coruña. Foi membro de diversas sociedades e academias históricas españolas e portuguesas (Real Academia da Historia, da Real Sociedade Xeográfica, do Museo do Pobo Español, do Centro de Estudos Históricos da JAE, da Asociación de Arqueólogos Portugueses…) e foi socio fundador da sociedade Folk-lore Gallego