Naceu en Serantes (Ferrol) en 1910 e faleceu en Salamanca en 1999. Profesor e recoñecido escritor, foi galardoado co Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa. Estudou o Bacharelato na Coruña -como alumno libre- e Dereito en Oviedo, así como Historia en Compostela. Séntese influído pola narrativa oral galega de principios do século XX. Agás algún artigo en galego, sempre escribiu en castelán. Autor de recoñecidas novelas como Los gozos y las sombras (1957 e 1962) ou Crónica del rey pasmado (1989), foi membro da Real Academia Española.
Ver mapa máis grande