O ano 1863, o da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, marca un fito na recuperación literaria e da nosa cultura: é a data de inicio do Rexurdimento. Nada en Compostela en 1837 e falecida en Padrón en 1885, Rosalía é unha das figuras máis ilustres da nosa literatura. Precursora da poesía cívica, critica as aldraxes ás que está sometida Galiza, nunha estreita identificación co pobo. Igualmente, fai unha defensa afervoada das mulleres. A autora de Follas novas (1880) viviu na Coruña co seu marido Manuel Murguía -e fillos e fillas- entre os anos 1871 a 1875. Un dos símbolos de Galiza deixou unha fonda pegada na nosa cidade.
Ver mapa máis grande