Un proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño situado no 1º andar dunha casa da rúa Rego de Auga, no número 46, construída en 1863 (o ano no que Rosalía publicou Cantares gallegos)
A Residencia Literaria 1863 é un espazo pioneiro que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega. Situada fronte á Biblioteca Provincial e ao Teatro Rosalía e con vistas á dársena, a Residencia Literaria combina sosego e estímulo para avivar a inspiración. Aquí escritores e escritoras de todo o mundo profundan no seu traballo literario e mentres coñecen a cidade e a súa actividade cultural.