Ramón María del Valle-Inclán foi un dramaturgo, poeta, novelista e ensaísta en lingua castelá agás o poema Cantiga de vellas que foi publicado na Coruña en 1910. É considerado un dos autores máis importantes da literatura en español do século XX, e encádrase na chamada Xeración do 98.
Entre 1902 e 1905, publicou as Sonatas, a súa primeira gran obra de narrativa e a maior achega española ao modernismo. A obra dramática de Valle-Inclán é probablemente a máis orixinal e provocadora de todo o teatro español do século XX.
Valle-Inclán deu o nome de esperpentos a catro obras, entre elas, Luces de bohemia. O esperpento, ese enfoque deformado da realidade española, era para Valle-Inclán unha moderna concepción da traxedia.