Ramón Cabanillas

Ramón CabanillasRamón Cabanillas naceu en Fefiñáns (Cambados) en 1876 e finou en Cambados en 1959. Emigra a Cuba e entra en contacto con núcleos galeguistas que apoian o agrarismo, sendo un dos fundadores da delegación na Habana de Acción Gallega, de Basilio Álvarez, a quen coñeceu alí. En Cuba, publica o seu primeiro libro de poemas, No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Xa en Galiza, en 1917 publica Da terra asoballada. O autor de Na noite estrelecida (1926), escribiu tamén teatro. En 1921 entrega ao Conservatorio Nacional da Arte Galega, a peza A man de Santiña. En colaboración con Antón Vilar Ponte escribiu a peza de teatro O Mariscal (1926).

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies