Naceu en Rianxo en 1899 e finou en Compostela en 1981. Pertencente á xeración de vangarda, emigra a México a mediados da década de 1920, dedicado ao xornalismo e o teatro. Logo de volver a Galiza, ten que exiliarse finalizada a guerra. A mediados da década de 1960, instalouse na Coruña e, en 1971, ingresa na Real Academia Galega. Rafael Dieste intentou modernizar o sistema literario galego. Entre as súas obras salienta, dentro da narrativa, o libro de contos Dos arquivos do trasno (1926) e a obra de teatro A fiestra valdeira (1927). O chamado Teatro Nacional Galego é en boa parte creación de Dieste.
Ver mapa máis grande