Foi un poeta culteranista -seguidor de Góngora- e historiador que descendía dunha familia de fidalgos dedicada á administración e ao exercicio das armas. Francisco de Trillo e Figueroa naceu en 1618, no Castelo de San Martiño de Padilla, en Ares (A Coruña), e faleceu en Granada en 1680. Tras o traslado da súa familia a Granada en 1632, frecuentou os ambientes literarios da cidade. Despois de dedicarse á carreira das armas, consagrouse ás letras e os traballos de erudición. Entre as súas obras está a titulada Neapolisea, referida ás campañas de Gonzalo Fernández de Córdoba -o Gran Capitán- en Nápoles, onde tamén estivo el.