Como se unha única sílaba furtada do silencio
xustificase a vida
e mantivese a roda do tempo no seu eixo
Así consta no monólito que lembra a homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle rendeu en 2019.
Nacida na Ermida (Culleredo), exerceu a súa profesión docente nos IES Eusebio da Garda e Menéndez Pidal. Comeza a publicar na década dos 80, converténdose axiña nunha poeta moi valorada pola Crítica. En 1983 acada o premio Esquío con Sétima Soidade e Tempo fósil foi Premio da Crítica Española en 2018 e Premio Nacional de Poesía en 2019.