Paio Gómez

Paio GómezPaio Gómez Chariño, poeta e nobre galego. Nado cara a 1225, non se sabe con seguridade se en Pontevedra ou en Rianxo, morre asasinado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295. Foi o primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia e destacado aristócrata e militar.

A súa obra poética dá conta da perfección á que chegou o cancioneiro galego no século XIII. Coñécenselle 28 composicións: 19 cantigas de amor, 6 cantigas de amigo e cantigas de escarnio.

Parte da súa obra está recollida no Cancioneiro da Ajuda e tamén no cancioneiro da Vaticana e no da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti).

Foi en 1876 cando se lle puxo o seu nome a esta rúa. Nela está a Casa Museo Pablo Picasso.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies