Biblioteca Germinal
Nace a biblioteca Germinal co século XX, vinculada a unha sociedade anarquista, e as súas ansias de melloras sociais e laborais. Constituída en xullo de 1903, chegou a atesourar oito mil volumes entre os que se privilexiaban as temáticas de carácter práctico e filosófico dentro dun forte espírito sindicalista. Se ben a súa sede inicial […]
Residencia Literaria 1863
Un proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño situado no 1º andar dunha casa da rúa Rego de Auga, no número 46, construída en 1863 (o ano no que Rosalía publicou Cantares gallegos) A Residencia Literaria 1863 é un espazo pioneiro que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega. […]
Roteiro A Coruña Pioneira

ROTEIRO A CORUÑA PIONEIRA Neste roteiro imos contar unha historia de pioneiras, na elaboración de manuscritos fermosamente iluminados, na edición do libro galego, no teatro en galego, na historia de Galicia que foi escribindo Murguía, na letra do himno que pensou Pondal. É poñer unha luz sobre o feito no pasado, no presente e no […]
Alfredo Vicenti
Médico de formación, aínda que nunca exerceu, foi poeta, xornalista e político. Redactor xefe de El Diario de Santiago e máis tarde director deste xornal, que logo pasou a chamarse Gaceta de Galicia. Anticlerical, republicano e federalista, foi candidato republicano-agrario e deputado en Cortes en varias lexislaturas. En 1880 foi excomungado polo cardeal compostelá e […]
Pilar Pallarés
Como se unha única sílaba furtada do silencio xustificase a vida e mantivese a roda do tempo no seu eixo Así consta no monólito que lembra a homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle rendeu en 2019. Nacida na Ermida (Culleredo), exerceu a súa profesión docente nos IES Eusebio da Garda e Menéndez […]
Luísa Villalta
Nada na Coruña en 1957 e falecida no 2004, Luísa Villalta é unha das autoras imprescindibles do último cuarto do século XX. Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego–Portuguesa, Luísa Villalta escribiu e amou a poesía. Libros seus son: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo […]
Xabier P. Docampo
Dicía Xabier P. Docampo: “A lectura é un traxe que lle senta ben á alma e faina máis fermosa”. Nado en Rábade, sendo adolescente veu vivir coa súa familia á Coruña. Xabier P. DoCampo foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega, tamén un dos máis traducidos. Xeracións e xeracións de nenas e nenos leron […]
Manuel María
Nado en Outeiro de Rei, Manuel María foi poeta, articulista e autor de textos dramáticos e narrativos. Aos 19 anos publica o seu primeiro libro Muiñeiro de brétemas, converténdose moi axiña na voz poética máis representativa da Xeración dos 50 e nunha das personalidades máis destacadas da cultura galega do pasado século. Na súa obra […]
Roteiro A literatura nos xardíns

ROTEIRO A LITERATURA NOS XARDÍNS Deberiamos titular este percorrido “O monumento que falta” . Así o titulaba La Voz de Galicia do 22 de xullo de 1923. “Hay que subsanar todo lo activamente que sea posible el olvido que hace que esté incompleto en nuestro parque principal la trinidad sin par de la mujer gallega”. […]
Roteiro As Irmandades da Fala

ROTEIRO AS IRMANDADES DA FALA O 18 de maio de 1916 xorde na cidade da Coruña a primeira Irmandade dos Amigos da Fala. Antón Vilar Ponte convoca unha xuntanza nos locais da Academia Galega á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, […]