IES Ramón Menéndez Pidal
Tamén coñecido como Instituto de Zalaeta, o IES Ramón Menéndez Pidal estableceuse nun lugar histórico que no seu día ocupou o Hospital de Caridade. A xesta máis significativa do Hospital foi a súa participación na Expedición Balmis que saíu do porto da Coruña o 3 de novembro de 1803 como portadora da vacina da varíola […]
CEIP Curros Enríquez
Cando se decide dar o nome dun escritor/a a un centro de ensino é un xeito de homenaxe, mais neste caso podemos dicir que a historia comeza ao revés. O 20 de maio de 1908 constituíuse en Bos Aires a Comisión Curros Enríquez co obxectivo de arrecadar fondos para levantar as escolas que levarían o […]
CEIP Concepción Arenal
A primeira proposta para a construción deste centro de ensino infantil e primaria foi realizada polo arquitecto municipal Pedro Mariño, aínda que non se puido levar a cabo o seu proxecto orixinal por falta de medios. Comeza a funcionar no tempo da II República e ao comezo da guerra civil, convértese nun hospital militar. No […]
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade oficial que reúne máis de cincocentas escritoras e escritores da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións… Foi fundada no ano 1980 por algúns/algunhas dos/as escritores/as máis sobranceiros/as da nosa historia literaria e dela foron […]
Real Academia Galega
No salón do Circo de Artesáns da Coruña (Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns) nace de xeito oficial o 30 de setembro 1906 a Real Academia Galega, que xa fora constituída o 4 de setembro de 1905. Aquí estaba o galeguismo agrupado arredor de Manuel Murguía e comunidade de emigrantes galegos en Cuba onde naceu, […]
Bibliotecas nos xardíns
A biblioteca ao aire libre Concepción Arenal estivo instalada na carreira traseira do monumento á escritora nos Xardíns de Méndez Núñez. Cun proxecto do arquitecto municipal, Pedro Mariño, de características modernistas e clasicistas esta pequena arquitectura, entre monumento e expositor de libros, contaba con chave e espazo para un centenar de libros. Inaugurouse en agosto […]
Biblioteca do Circo de Artesáns
Unha entidade senlleira da cidade que desde a súa creación, en 1847, conta cunha espazo bibliotecario. A historia vese atesourada nas súas baldas entre o arquivo propio e as numerosas primeiras edicións en distintos idiomas que gardan. Foron aquí bibliotecarios personaxes senlleiros da cultura galega: Antón Vilar Ponte, Eladio Rodríguez, Ángel del Castillo… […]
Biblioteca Germinal
Nace a biblioteca Germinal co século XX, vinculada a unha sociedade anarquista, e as súas ansias de melloras sociais e laborais. Constituída en xullo de 1903, chegou a atesourar oito mil volumes entre os que se privilexiaban as temáticas de carácter práctico e filosófico dentro dun forte espírito sindicalista. Se ben a súa sede inicial […]
Residencia Literaria 1863
Un proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño situado no 1º andar dunha casa da rúa Rego de Auga, no número 46, construída en 1863 (o ano no que Rosalía publicou Cantares gallegos) A Residencia Literaria 1863 é un espazo pioneiro que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega. […]
Roteiro A Coruña Pioneira

ROTEIRO A CORUÑA PIONEIRA Neste roteiro imos contar unha historia de pioneiras, na elaboración de manuscritos fermosamente iluminados, na edición do libro galego, no teatro en galego, na historia de Galicia que foi escribindo Murguía, na letra do himno que pensou Pondal. É poñer unha luz sobre o feito no pasado, no presente e no […]