Miguel González Garcés

Miguel González GarcésNado na Coruña en 1916, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Opositou ao Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e tras un primeiro destino en Madrid, pediu traslado á Coruña, onde dirixiu a Biblioteca Pública da Coruña -que na actualidade leva o seu nome- durante corenta anos. Situado na chamada xeración de 1936, González Garcés posúe unha abundante obra poética en galego. Tamén foi relevante o seu labor como antólogo para comprender a poesía do segundo terzo do s. XX. Ademais do seu labor docente, publicou numerosos traballos periodísticos, fundamentalmente no xornal La Voz de Galicia (por eles recibiu, en 1960, o premio Fernández Latorre). Igualmente, salientan os seus traballos de investigación sobre A Coruña, entre os que están os dedicados á Torre de Hércules. En 1987, publica a monumental Historia de La Coruña.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies