Naceu na Coruña en 1925, no vello edificio de La Voz de Galicia -a súa nai era filla de Juan Fernández Latorre, fundador do xornal coruñés en 1882-. Tras cursar estudos de xornalismo, exerceu como correspondente en varios países. En 1950, casa co xornalista Felipe Fernández Armesto, coñecido co pseudónimo de Augusto Assía. María Victoria é autora de varios libros, entre os que destaca Galicia Feudal (1969). Tanto como xornalista como escritora utilizou o nome de Victoria Armesto. Ademais do seu labor relacionado con mundo das letras, María Victoria foi deputada -por Alianza Popular- en Madrid pola provincia da Coruña, desde 1977 até 1986. Neste ano, trasladouse a vivir co seu marido á “Casa Grande de Xanceda” -Mesía-, finca que mercara Fernández Armesto.
Ver mapa máis grande