O 1 de xaneiro de 1898 nace na Coruña María Luz Morales Godoy. Xornalista, editora, crítica cinematográfica, pioneira do periodismo cultural. Foi a primeira muller que dirixiu un xornal no Estado español, “La Vanguardia”. En Barcelona é a representante da Asociación de Escritores Galegos e participa activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galiza. Logo do triunfo do franquismo, é expulsa do traballo. Acusada de pertenza ao Partido Galeguista é encarcerada e inhabilitada para exercer a profesión. Tras a morte do ditador foi rehabilitada como periodista e nos últimos anos traballou no “Diario de Barcelona”.
Ver mapa máis grande