María Luisa Durán Marquina foi actriz do elenco da Irmandade da Fala coruñesa. Fundou e dirixiu algúns grupos teatrais de afeccionados de onde sairían actores que posteriormente alcanzarían grande sona nos escenarios.
Durante 22 anos foi Catedrática de Declamación do Conservatorio Profesional de música e Declamación da Coruña, exercendo, tamén de Secretaria.
Cunha grande vocación xornalística, en 1931 entrou a traballar en El Ideal Gallego onde permaneceu durante trinta e cinco anos, até a súa xubilación. Tiña ao seu cargo a sección de sociedade, crítica musical, cinema, teatro… ademais de reportaxes, entrevistas, etc.