María Barbeito

María BarbeitoMaría Nicolasa Paula Barbeito Cerviño, nada na Coruña en 1880, foi mestra, pedagoga, escritora, tradutora, socióloga e educadora. Con destino na Escola Graduada Pública de Párvulos “Da Guarda”, centro que vai dirixir entre 1915 e 1936, puxo en marcha unha novidosa pedagoxía educativa que a converte en referencia e é a introdutora en Galiza dos principios de María Montessori. Colabora asiduamente en xornais e revistas de contido pedagóxico e social. Cunha especial preocupación polos temas relativos á muller, dá conferencias e publica textos sobre o tema.
Logo do golpe de estado de 1936, a Comisión Depuradora do Maxisterio resolveu a súa separación definitiva do servizo e de todos os seus cargos. Unha vez apartada da función docente, vai centrar gran parte da súa actividade na escrita e na tradución de obras francesas.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies