O 2 de febreiro de 1923 morre, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, Manuel Murguía. O seu labor fundamental foi a investigación histórica e a divulgación desta, así como a de difundir o ideario político de defensa de Galiza. En 1862, Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que traslada aos escritores da Cova Céltica e aos galeguistas de Cuba. En 1906, aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría até a súa morte.
Casa con Rosalía de Castro o 10 de outubro de 1858.
Ver mapa máis grande