Manuel María

Placa a Manuel MaríaNado en Outeiro de Rei, Manuel María foi poeta, articulista e autor de textos dramáticos e narrativos. Aos 19 anos publica o seu primeiro libro Muiñeiro de brétemas, converténdose moi axiña na voz poética máis representativa da Xeración dos 50 e nunha das personalidades máis destacadas da cultura galega do pasado século. Na súa obra está sempre presente un forte compromiso coa súa xente, coa súa lingua e coa realidade social de Galiza. A editorial Xistral, fundada por el, publicou entre 1968 e 1975 a colección de libros de poesía Val de Lemos, en que se editan obras de autores consagrados e dá a coñecer escritores novos que publicarán aí os seus primeiros libros. A súa xenerosa entrega ao país e á defensa da lingua foi recoñecida en 1995 na homenaxe que lle organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) na Coruña. Cando se xubilou como procurador, veu vivir á Coruña, ao barrio de Monte Alto. Morreu na nosa cidade no ano 2004.
Foi membro da Real Academia Galega e Socio de Honra da AELG e da AC Alexandre Bóveda. Recibiu a homenaxe do Día das Letras de 2016. Manuel María é un dos poetas galegos máis musicados.


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies