Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1910. Aos seis anos veu a Galiza instalándose na Coruña. Participou do ambiente das Irmandades, Nós e das Vangardas. Militou no Partido Galeguista. Pintor, deseñador, editor, gravador, escritor, promotor cultural, Luís Seoane é un dos artistas máis completos de Galiza. Con Díaz Pardo, recuperou Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. En 1936, exiliouse en Bos Aires onde desenvolveu unha intensa actividade cultural. Unha das voces do exilio, faleceu na Coruña en 1979 e os seus restos descansan no Cemiterio de Santo Amaro.
Ver mapa máis grande