Luís Vaz de Camões (1524-1580) é considerado como o maior poeta de lingua portuguesa. A súa obra máis significativa é Os Lusíadas, considerada a principal epopea da época moderna.
Esta obra narra a historia de Vasco da Gama e dos heroes portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova rota para a India.
Ten unha escultura na praza de Portugal, colocada no ano 1999, que veu substituír o anterior monumento franquista ao Mariscal Carmona, presidente durante parte da ditadura de Salazar.