Logo Coruña Literaria

Lesta Meis

Placa Lesta MeisEn marzo de 1887 nace en Eirís de Arriba no Concello de Oza, hoxe Concello da Coruña, Xosé Francisco Lesta Meis, escritor e xornalista. Emigra a Cuba onde de xeito autodidacta mellora a súa formación e dedícase ao xornalismo. Mantén en “Eco de Galicia” a sección “De mi Tierra” entre 1925 e 1930 e colabora no xornal A Nosa Terra. Formou parte das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente, o mundo rural, a emigración. É autor da novela Estebo.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies