Julio Rodríguez Yordi

Julio Rodríguez YordiJulio Rodríguez Yordi (A Coruña, 1894-1967) foi novelista, poeta, ensaísta e xornalista, autor tamén de apropósitos carnavalescos. Foi o cronista da súa época.
Publicou dúas novelas, Cristal y Sonrisa, unha singularísima guía dos anos vinte da cidade, chea de lirismo e humor; e La Peña y la peña, biografía dunha xeración de escritores e artistas que se xuntaban nun café da rúa Real.
Despois da súa morte publicáronse outras novelas e aínda queda abundante obra inédita, depositada na Real Academia Galega, da que era membro numerario.

Ver o mapa máis grande

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies