Juan Naya

Juan NayaNado na Coruña en 1914, xornalista e historiador. Foi cronista oficial da cidade da Coruña, arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, e secretario xeral da Real Academia Galega de Belas Artes.
A súa nai foi costureira das fillas de Rosalía de Castro e Juan Naya foi un home autodidacta que aprendeu de todos aqueles persoeiros que o rodeaban: Manuel Murguía, Ángel del Castillo Francisco Tettamancy, César Vaamonde Lores a quen sucedeu como Arquiveiro-Bibliotecario da Real Academia Galega, e foi quen o instruíu en paleografía, epigrafía, heráldica e numismática.
Foi colaborador en La Voz de Galicia coas seccións de Hai 50 anos e Peneirando.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies