Nado na Coruña en 1899, foi xornalista e escritor.
Colaborou con medios locais, como El Noroeste, El Orzán e Marineda, e tamén no ABC e na Hoja del Lunes de Madrid, pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi El Ideal Gallego. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo.
En 1951 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Manuel Casás, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo López. Tamén foi membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Ver mapa máis grande